Ferido un operario en Marín tras caer cando trataba de acceder a un tellado

Traballaba nas obras dun ascensor e acabou precipitándose ao patio de luces
Rúa Ezequiel Massoni, en Marín. GOOGLE MAPS
photo_camera Rúa Ezequiel Massoni, en Marín. GOOGLE MAPS

Un operario foi evacuado este luns por efectivos sanitarios tras caer desde unha altura cando traballaba nun edificio da rúa Ezequiel Massoni, no concello pontevedrés de Marín. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o ferido tratou de subir ao tellado mentres traballaba nas obras dun ascensor e acabou precipitándose ao patio de luces.

Tras recibir a chamada de alerta dun particular ás 15.30 horas, os xestores do 112 mobilizaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e a axentes da Policía Nacional e Local.

Case á mesma hora, no concello ourensán de Xunqueira de Ambía, os servizos de urxencia axudaron un traballador que resultou ferido ao caer desde unha estada na parroquia de Aramariz. Ocorreu ao fío das 15.45 horas.