Catro feridos en Cangas tras saírse da vía o seu coche e chocar co muro dunha casa

Dúas persoas resultan feridas nunha colisión múltiple no Porriño

Catro persoas resultaron feridas na tarde deste venres nun accidente de tráfico rexistrado en Cangas, en Coiro, onde o vehículo no que viaxaban se saíu da vía e chocou contra un muro. O sinistro rexistrouse á altura do número 12 da Rúa do Carballal.

Atendendo ao relato das testemuñas que alertaron á central do 112 sobre as 18.00 horas, os catro ocupantes do vehículo saíron del pero necesitaban asistencia sanitaria. Mobilizouse o 061 e a Policía Local, ademais de alertar á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Morrazo e Protección Civil.

COLISIÓN MÚLTIPLE NO PORRIÑO. Non foi o único sinistro rexistrado na tarde do venres na provincia de Pontevedra. O 112 recibiu sobre as 18.30 horas a alerta doutro accidente rexistrado na A-55 no Porriño, con tres vehículos implicados. Ocorreu na saída 15A, dirección Vigo.

Protección Civil confirmou que había dous feridos e que foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.