Catro feridos, tres deles menores, nun accidente en Cangas

Un accidente de tráfico en Cangas saldouse este mércores con catro persoas feridas, tres delas menores de idade, informaron fontes do 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar ás 13.00 horas na avenida de Lugo, onde o vehículo no que viaxaban os feridos sufriu unha saída de vía e chocou contra un transformador.

Este incidente provocou que a zona quedase sen subministración eléctrica durante unhas horas. Os feridos foron evacuados ao centro hospitalario de referencia para a súa observación.