Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

O FicBueu faise grande cunha inversión de case 100.000 euros

De esquerda a dereita, Pena, Sutil, Juncal e Leal, na presentación oficial do FicBueu. CAROLINA NEIRA
De esquerda a dereita, Pena, Sutil, Juncal e Leal, na presentación oficial do FicBueu. CAROLINA NEIRA

A gran festa do cine na vila encara a súa inauguración cun programa de nove días

Xa van once anos desde que o primeiro FicBueu cambiou a vida dunha vila que xa é todo un referente no circuíto audiovisual. Máis dunha década, tempo que convertíu a este festival na terceira punta dun triángulo cinematográfico que se debuxa na provincia pontevedresa e que ten os seus outros dous vértices en O Porriño e Tui, con Cans e o Play Doc. Pouco ten que ver o actual FicBueu con esas primeiras edicións, xa que a programación é cada vez máis completa e diversificada, contando nesta ocasión con máis de 50 actividades, espalladas en nove días de festival, "pero a esencia segue sendo a mesma". Así o sinalou o alcalde, Félix Juncal, durante a presentación oficial do evento, que tivo lugar este martes no recén estreado local da Asociación FicBueu.

O reloxo do FicBueuNo acto, no que tamén estiveron presentes o deputado de Cultura, Xosé Leal, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, o director desengranou os detalles da que será unha gran festa do cine, que complementará as proxeccións das mellores curtas internacionais, estatais e galegas, coa gastronomía, a inclusión social, a radio e a música.

A "columna vertebral" do FicBueu serán esas 22 pezas da sección internacional que se poderán visionar no Centro Social do Mar en dobre sesión. O cine estará arroupado polos concertos de Xoel López, De Vacas ou Fluzzo, que tocará ao son dos pinceis de Luís Davila e Marc Taeger, que pintarán utilizando luces, así como por charlas como a que achegará aos asistentes o traballo dos foley artist ou o encontro ca actriz Mabel Rivera.

Pena agradeceu o apoio económico de Concello, Deputación e Xunta, que, xunto ca inversión privada, conseguiu que o orzamento do Fic en catro anos pasase de 17.000 a 100.000 euros. "É fácil que consigan axudas", explicou Leal, "xa que apostan pola formación de novos públicos, pola integración durante todo o ano e pola dignificación da muller", así como por crear sinerxias ca poboación local, que, a estas alturas, están de sobra tecidas.

O FicBueu faise grande cunha inversión de case 100.000 euros
Comentarios