A finalización da senda de Coirados dá paso á nova de Bagüín

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou este venres a licitación das obras para o itinerario da PO-551 que vai ata Seixo por un investimento de preto de 675.000 euros
Luisa Piñeiro, María Ramallo y Ethel Vázquez durante la visita. GONZALO GARCÍA
photo_camera Luisa Piñeiro, María Ramallo e Ethel Vázquez durante a visita. GONZALO GARCÍA

Aos poucos o Plan de Sendas da Xunta de Galicia vai collendo forma no Concello de Marín. A administración autonómica finalizou as obras do itinerario da estrada PO-313, entre Coirados e Pardavila, e licitou a construción dunha nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-551, entre Bagüín e Seixo. Ambas supoñen un investimento conjuta da Xunta de case 1,4 millóns de euros.

A conselleira de Infraestuturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto coa alcaldesa, María Ramallo, e a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, supervisou este venres pola mañá a finalización da senda entre Coirados e Pardavila, que supuxo un investimento de 715.000 euros.

Durante a visita, na que tamén estiveron presentes algúns dos representantes das asociacións veciñais da zona, a conselleira asegurou que o Goberno galego "está a transformar a comarca do Morrazo en termos de mobilidade e seguridade viaria a través do conxunto de actuacións que está a impulsar nas estradas autonómicas". 

A titular de Infraestruturas avanzou que as obras do itinerario na PO-551 entre Bagüín e Seixo licítanse por preto de 675.000 euros, co obxectivo de iniciar as obras no segundo trimestre do ano e de telas terminadas xa a finais de 2021 ou principios de 2022. As empresas interesadas ten de prazo ata o próximo 22 de xaneiro para presentar as súas ofertas.

No marco deste proxecto tamén se mellorará o accesso á praia de Aguete, ampliando a plataforma da estrada co obxectivo de facilitar as manobras, mellorar a mobilidade na zona e reforzar a seguridade viaria.

Desde hai practicamente un ano, os veciños de Marín xa teñen á súa disposición a senda entre Vilaseca e Lapamán, executada tamén na PO-551. Os marinenses disporán en total de catro itinerarios, orzado en 2,8 millóns de euros. O Plan de Sendas na comarca do Morrazo supón un investimento de 4,5 millóns.

Novo treito entre Pardavila e Cadro
En canto á senda executada na PO-313 entre Coirados e Pardavila, os traballos están practicamente finalizados, a falta de pintura e pequenos remates. O itinerario de preto de dous quilómetros executado pola marxe esquerda da carreta, continúa as beirarrúas existentes e chega ao lugar de Pardavila, unha vez pasado o enlace coa Variante de Marín.
Ethel Vázquez destacou que se está traballando para dar continuidade tamén a esta senda coa execución dun novo treito, entre Pardavila e Cadro, ata a intersección que permite acceder ao lago de Castiñeiras. Con eses 800 novos metros de senda poderase completar un itinerario peonil continuo de máis de catro quilómetros na estrada PO-313, desde Marín ata Cadro, que suporá un investimento de 600.000 euros.

Comentarios