A galega Carmen Buján Freire, nomeada embaixadora en Mozambique

A bueuense xa desempeñara a función de emisaria de España noutros países

Carmen Buján Freire junto al Director General Li. UNIDO
photo_camera Carmen Buján Freire xunto ao Director Xeral Li. UNIDO

O Consello de Ministros nomeou este venres á galega, Carmen Buján Freire (1964, Bueu, Pontevedra), como nova embaixadora de España en Mozambique. 

Buján Freire é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Dereito Europeo Comparado pola Universidade de Exeter. Ingresou en 1993 na Carreira Diplomática. 

Entre outros cargos desempeñou o de inspectora xeral xefe de Servizos, embaixadora representante permanente de España ante as Nacións Unidas e demais Organizacións Internacionais con sede en Viena, directora xeral de Asuntos Estratéxicos e de Terrorismo, conselleira política da Embaixada de España en Buenos Aires, subdirectora xeral de Terrorismo. 

Así mesmo, a nova embaixadora española na República de Mozambique, estivo destinada nas embaixadas de España en Budapest, Islamabad, e Bucarest.

Comentarios