Grandes atascos no acceso ás praias do Morrazo

Os condutores quéixanse nas redes sociais ► A DXT alerta de problemas na AG-46 entre os quilómetros 0 e 7 cara a Cangas

Retención en Rande.DP
photo_camera Retención á saída da ponte de Rande. DP

O acceso ás praias do Morrazo neste asollado domingo converteuse nun pesadelo para centos de condutores. As retencións na Autovía do Morrazo e no corredor, especialmente entre San Lourenzo e Cangas, son de máis de media hora.

Moitos condutores queixáronse nas redes sociais, onde lamenta que se abriu a AG-46 antes de acabar completamente as obras. 

A DXT tamén alerta da conxestión no tramo en obras entre os quilómetros 0 e 7 da autovía, en dirección Cangas. "Condicións difíciles de circulación", explica Tráfico.

Comentarios