Ferida unha muller tras ser atropelada en Bueu

O suceso produciuse nun paso de peóns da rúa Pazos Fontenla
La mujer atropellada en Bueu, tumbada en el suelo. CEDIDA
photo_camera A muller atropelada en Bueu, tombada no chan. CEDIDA

Unha muller resultou ferida este luns nun atropelo rexistrado en Bueu ao redor das 10.45 horas. O sinistro produciuse nun paso de peóns da rúa Pazos Fontenla, na intersección con Eduardo Vicenti. 

O coche, un Ford Focus vermello, atropelou á muller, que foi atendida e estaba consciente.