Intervidos máis de 8.000 petardos nun posto ambulante en Moaña

A venda destes artificios pirotécnicos só pode realizarse en establecementos autorizados e a persoas maiores de 12 e 18 anos, segundo as distintas clases

La pirotecnia incautada. GUARDIA CIVIL
photo_camera A pirotecnia inacutada. GARDA CIVIL

A Garda Civil denunciou a tres persoas por dedicarse á venda ambulante de produtos pirotécnicos sen autorización e incautou algo máis de 8.000 petardos durante as festas do Carmen en Moaña, informaron fontes do instituto armado.

A venda destes artificios pirotécnicos só pode realizarse en establecementos autorizados e a persoas maiores de 12 e 18 anos, segundo as distintas clases, precisan as fontes. Os efectivos da intervención de armas e explosivos do posto da Garda Civil de Cangas que realizaron as inspeccións, incautaron 146 caixas que contiñan 8.450 unidades.

Os produtos incautados son das clases I, II e III, que teñen unha limitación de idade para a súa venda de 12 a 18 anos. Os de clase I son de baixo perigo, para o seu uso tanto dentro como fora de edificios residenciais, e os de clase III teñen un perigo medio para ser utilizados ao aire libre en zonas de gran superficie.

A venda destes artificios pirotécnicos sen autorización administrativa constitúe unha infracción grave do regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería, e os seus responsables poden ser sancionados con multas desde 300 ata 30.000 euros. 

Comentarios