'A Lexión Cubana', unha comparsa que perdurará no tempo no Ateneo

Mariña Esperón fixo entrega á asociación dunha bandeira e uns documentos con letras musicais de 1922
photo_camera Un momento do acto de doazón no Ateneo. DAVID FREIRE

O Ateneo Santa Cecilia ten nas súas mans un patrimonio con máis de 100 anos de historia grazas á doazón de Mariña Esperón, representante dos herdeiros de Mariña Rodríguez Sobral, que foi presidenta da rondalla A Lexión Cubana en 1922. A doazón consistiu nunha bandeira e documentos con letras da citada comparsa.

Comentarios