sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Unha loita pola muller científica

Antía, Iria, Alba y Miguel con el proyecto. DP
Antía, Iria, Alba e Miguel co proxecto. DP
Antía Novas, Iria Estévez e Alba Porto, do IES Johán Carballeira de Bueu, acaban de gañar o premio ao mellor proxecto en Obxectivo de Desenvolvemento Sostible de Igualdade de Xénero do Open Science de Cambre grazas unha proposta coa que pretenden visibilizar á muller na ciencia

Vera Rubín, Hedy Lamarr, Mileva Maric ou Valentina Tereshkova foron científicas realmente inspiradoras. Con todo, a súa condición de mulleres levoulles a quedar relegadas a un segundo plano a pesar dos seus grandes descubrimentos, xa que a ciencia era —e— é considerado un mundo de homes. é por iso que tres alumnas de 2º de Bacharelato do IES Johán Carballeira de Bueu (Antía Novas, Iria Estévez e Alba Porto), por mor dun traballo de clase, decidisen crear Wscientifics, un proxecto que pretender dar visibilidade a estas mulleres, e a moitas outras, no mundo da ciencia.

"Todo empezou un día en clase de Física e Química cando Miguel —o seu profesor— expúxonos a cuestión de se as mulleres na ciencia estaban invisibilizadas. Obviamente dixemos que si e comezamos a investigalo", contan as tres alumnas que, grazas a ese proxecto, acaban de gañar o premio de Obxectivo de Desenvolvemento Sostible de Igual de Xénero no Open Science de Cambre, unha feira internacional que reuniu o pasado fin de semana a máis dunha decena de paises de todo o mundo.

O proxecto de investigación, que estivo desenvolvido practicamente na súa totalidade fóra das horas lectivas e durante o verán, naceu da inquietude de Alba, Antía e Iria ao darse conta que a penas existían referentes femininos na ciencia. Tamén se decataron de que nos libros de texto a penas aparecían mulleres neste contexto, un feito que lles pareceu "indignante".

Para poder demostrar a súa teoría, empezaron facendo unhas enquisas de Google nas que "preguntabamos sobre que mulleres científicas e os seus traballos eran máis coñecidas. Aí démonos conta da pouca visibilidade que tiñamos. A gran maioría só coñecían a Margarita Salas e a Marie Curie", explican.

Por mor destas pescudas —que posteriormente representaron nunha infografía con nomes de científicos e onde a muller pasaba practicamente desapercibida— e das ganas de seguir investigando máis aló do traballo de clase, as budetenses comezaron a facer unha investigación moito máis profunda para elaborar un proxecto que demostrase por completo esa discriminación, pero que tamén puidese dar visibilidade. Por iso, decidiron crear unha conta de Instagram e unha aplicación para ir compartindo contido relacionado con distintas mulleres científicas e os seus descubrimentos.

Por outra banda, para ampliar o seu traballo, Alba, Antía e Iria puxéronse en contacto con científicas actuais, como Iria Ollero, Teresa Losada e Alba Baro, para realizar unha serie de entrevistas nas que elas mesmas falasen desa discriminación laboral na ciencia, que aínda existe. De feito este contido foi un dos que estiveron expostos na súa caseta do Open Science de Cambre.

Para a feira, as budetenses tamén crearon unha serie de posters con algunhas das mulleres científicas máis representativas da historia. Co obxectivo de chegar a máis xente, decidiron crear unhas tiras cunha impresora 3D no que se reflectise un texto descritivo das imaxes en braille, así como explicacións en linguaxe de signos duns vídeos que tamén se proxectaron durante a feira: "Con este traballo o que tamén intentabamos era dar visibilidade á xente con discapacidade, ademais da as mulleres. Por iso decidimos incluír linguaxe inclusivo na nosa exposición para persoas xordas e cegas".

Miguel Quiroga, profesor de Física e Química no IES Johán Carballeira e quen lles motivou no proxecto, non dubidou en mostrarse orgulloso polo traballo realizado polas súas alumnas. Ademais, foi el o que tivo a idea de sacalo fose do instituto: "Animeilles dicíndolles o mundo tiña que coñecer o seu traballo e o seu talento".

"Animeinas a seguir co proxecto dicíndolles que o mundo tiña que coñecer o seu traballo e o seu talento", di Miguel Quiroga

Ademais do Open Science Cambre, Wscientifics tamén estivo presente no XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos SGAPEIO, no que foron finalistas. Proximamente acudirán co proxecto ao Congreso de Químicos de Galicia, que se celebra a finais de outubro en Santiago.

Agora, Antía, Iria e Alba, apoiadas por Miguel, seguirán ampliando o proxecto e traballando nel. "Queremos seguir entrevistando a máis mulleres científicas e tamén nos expomos facer unha proposta didáctica para Primaria, que de feito durante a feira de Cambre unha profesora interesouse nel. Tamén nos preguntaron varias asociacións polo proxecto", relatan as budetenses, moi satisfeitas por todo o traballo realizado ata o momento.

"Para min elas tres son o claro exemplo de que se avanza en igualdade de xénero e que elas marcan o camiño", sentenza con orgullo Miguel Quiroga.

Unha loita pola muller científica
comentarios
ç