Losada asegura que os narcos nunca "conseguen escabullirse"

O delegado do Goberno en Galicia asegura que se trata dunha "guerra continua"

El delegado del Gobierno en Galicia, Javier Losada.CABALAR (EFE)
photo_camera O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.CABALAR (EFE)

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, quixo "felicitar" expresamente á Policía Nacional polo "éxito" das últimas operacións antidroga desenvolvidas en Galicia, aínda que tamén recordou que isto "é unha guerra continua" e nesta ocasión gañouse "unha batalla" importante.

En declaracións aos medios de comunicación, Losada dixo que a "Policía Nacional, a Garda Civil e Vixilancia Aduaneira non baixan nunca a garda" e, no caso das últimas operacións, sumouse tamén a esta loita a "colaboración da policía portuguesa".

"O inimigo ten moitos xeitos de intentar escabullirse", comentou o delegado, pero "por moitas que busque, nunca o consegue", precisamente grazas ao labor que están a realizar nesta "guerra" os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Ademais, destacou que, nestes casos, o realmente importante xa non é só a droga intervida, senón o feito de que se cortou "a vía de entrada" deses estupefacientes.

Comentarios