Máis de mil horas e 140 mans na alfombra floral de Bueu

A Asociación de Alfombristas e o Concello readaptaron a tradición do Corpus para que cumprise coas medidas do estado de alarrma
El tapiz de flores, en el centro de Massó, en la tarde de este domingo. RAFA FARIÑA
photo_camera O tapiz de flores, no centro de Massó, na tarde deste domingo. RAFA FARIÑA

O Concello de Bueu e a Asociación Cultural de Alfombras de Bueu culminaron este domingo a edición máis atípica da elaboración das alfombras do Corpus Christie. O colectivo completou a realización dun tapiz de 250 metros cadrados que, no centro de Massó serviu como homenaxe á tradición alfombrística e tamén ás tres parroquias do municipio. Esta alfombra, a pesar de non ser a construción lineal que se realiza tradicionalmente na vila budetense con motivo do Corpus, requiriu do traballo duns 70 alfombristas, que foron turnándose na súa participación nos traballos, que duraron desde as seis da tarde do sábado ata as 10.00 horas do domingo. Segundo a presidenta da Asociación de Alfombristas de Bueu, Carmen Santos Cidrás, "foron precisas máis de 1.100 horas de traballo para realizar este tapiz".

O tapiz de flores, no centro de Massó, na tarde deste domingo. RAFA FARIÑA

A pesar da crise sanitaria, Bueu, non só non quedou sen a súa alfombra, senón que contou con outra máis, na entrada da igrexa de San Martiño, e deixou o seu sinal en dous das do Corpus de Santiago, pois membros da asociación colaboraron cos tapices florais da igrexa de San Fructuoso e da de San Francisco en Compostela.

O Concello de Bueu garantiu a súa cooperación para que esta tradición con máis de 100 anos de historia e declarada Festa de Interese Turístico de Galicia non necesitase realizar un parón pola crise sanitaria. Ademais de quendas de tres ou catro alfombristas e un espazo no que foi fácil gardar as distancias sociais, o Concello garantiu a desinfección da praza antes e logo da elaboración do gran tapiz floral. "O deseño obrigounos a un traballo moito máis laborioso que se estiveramos ante unha alfombra tradicional, pero todos os alfombristas quedaron satisfeitos porque ao traballar por quendas levárono moito mellor", concluíu a presidenta, que destacou o poder de adaptación que demostrou esta tradición e o amor dos budetenses pola súa arte floral.

Comentarios