En marcha o proxecto de agrupación de produtores do tradicional 'millo curvo'

A Asociación Cultural de Meiro está a desenvolver a iniciativa e tamén fixo unha 'muiñada simbólica'
Jornadas pasadas de la Festa do Millo Corvo. ARCHIVO
photo_camera Xornadas pasadas da Festa do Millo Curvo. ARQUIVO Imaxe

A asociación encargada de organizar a Festa do Millo Curvo de Bueu, Asociación Cultural de Meiro declarada de Interese Turístico de Galicia, está a pór en marcha unha inicitiva cuxo obxectivo pricipal será impulsar e crear unha agrupación de produtores desta variedade autóctona de millo, caracterizada pola cor negra do seu gran. O proxecto atópase actualmente en fase inicial e a presidenta da asociación, Vitoria Martínez, espera que "contribúa a implicar a máis xente na conservación dun patrimonio alimentario, unha cultura e unhas tradicións".

O estado de alarma sanitaria obrigou a cancelar a XII Festa do Millo Curvo, que tería lugar o primeiro fin de semana de abril e como novidade se ía a presentar a cervexa natural elaborada con 'millo curvo'. Para evitar que a celebración quedase en "branco", desde a asociación organizouse unha "muiñada simbólica, de resistencia" explicou Vitoria Martínez, para reivindicar a actividade agrícola que "vai a menos". levou a cabo con grupos de 20 persoas en horarios de mañá e tarde, coa realización de rutas de sendeirismo .

Actualmente a asociación está a plantar e recollendo esta variedade de millo pero a presenza de xabaril e a falta de axudas para compensar as perdas dificulta a obtención da colleita. Con todo, a presidenta da asociación asegura que "este colectivo segue resistindo e loitando para que non se perda este millo", que xa foi o primeiro produto galego en formar parte da 'Arca do gusto'.

Comentarios