Marín abre unha canle de Telegram para reforzar a comunicación cos veciños

Transmitir o esencial, axudar a previr as fake news e manter informados os veciños ante as novidades que vai xerando o estado de alarma e a crise sanitaria derivada da Covid-19. Eses son os obxectivos que se fixa o Concello de Marín coa creación dun nova canle de Telegram á que se poden sumar todos os veciños.

Para conseguilo só é necesario descargar a APP, en caso de non tela, e buscar a canle Concello de Marín.

Ademais desta canle, o Concello dispón da Facebook, Twitter e Instagram, e consagra o contido de todas as súas redes a informar os veciños sobre os novos factores derivados da crise sanitaria, as medidas a aplicar derivadas do estado de alarma e todo o que poida ser útil nesta área.

Comentarios