Marín acollerá o próximo día 19 unha das seis verbenas piloto de Galicia

A Xunta quere probar se estas celebracións son seguras coas prevencións adecuadas
Una verbena gallega. JAVIER CERVERA
photo_camera Unha verbena galega. JAVIER CERVERA

Marín albergará o 19 de xuño unha das seis verbenas piloto coas que a Xunta quere probar se estas celebracións son seguras coas medidas sanitarias oportunas.

Barállase que Os Satélites actúen en Arteixo, Marbella en Marín, Costa Doura en Noia, Ocaband en Tomiño e Cinema no Carballiño. A orquestra Principal será a encargada de actuar en Mondoñedo, probablemente, na praza da Alamada, un dos espazos máis amplos para iso.

Comentarios