Marín aplica a IA para informar en tempo real aos usuarios da ocupación nas praias

Uns semáforos físicos e outros virtuais servirán de ferramentas para esta función
La playa de Aguete de Marín en los primeros días de la fase 2 de la desescalada. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera A praia de Aguete de Marín. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Marín porá en funcionamento este domingo o novo sistema de control da capacidade das praias que, a través da intelixencia artificial, calcula a ocupación en tempo real dos areais e traslada eses datos á cidadanía. 

Uns semáforos físicos e outros virtuais indicarán o nivel de ocupación, segundo explicou o concelleiro de novas tecnoloxías de Marín, Manuel Santos, nunha comparecencia ante os medios de comunicación na que estivo acompañado polo xefe da Policía Local, Benigno Branco, as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña e Jorge Cajiao, responsable da empresa de Marín que deseñou o sistema, The Lab Company. 

Jorge Cajiao explicou que nas praias de Aguete, Mogor, Portocelo e Loira, instaláronse cámaras de visión artificial, que recollen as imaxes coa situación en tempo real da praia cada 15 segundos, procesan eses datos e inmediatamente despois destrúen esas imaxes, para respectar o dereito á intimidade dos usuarios. 

As persoas que queiran consultar o dato de ocupación de cada praia ten que visitar as redes sociais ou a páxina web do concello, ou instalar unha App para dispositivos móbiles que estará dispoñible nos próximos días e tamén de forma física, pois está previsto que nun prazo dunha semana ou dez días estean instalados nas praias e tamén a través dunha pantalla LED ao carón da parada de autobús da avenida de Ourense, no centro urbano de Marín. 

Cada areal conta con vinilos informativos dos aforamentos máximos e das medidas de prevención e seguridade que deben cumprir os usuarios en todo momento

Esta información, ademais, completarase con datos sobre a predición do tempo de Meteogalicia, o estado as mareas ou a temperatura da auga, ofrecendo ao cidadán "todos os datos que poderían ser o factor determinante para decidir se ir á praia ou non". 

O sistema de conteo informatizado é a medida máis ambiciosa impulsada polo Goberno local para poder dispor cunhas praias seguras en todo momento, pero non é a única. 

Cada areal conta con vinilos informativos dos aforamentos máximos e das medidas de prevención e seguridade que deben cumprir os usuarios en todo momento para evitar contagios e cumprir coas esixencias do decreto da nova normalidade vixente. 

Por outra banda, coa finalidade de reducir ao mínimo o risco de contaxio, estarán clausuradas as duchas, os aseos e os lavapiés e tampouco poderán utilizarse as papeleiras, tendo que tirar o lixo nos colectores do diario de praias. 

Comentarios