Marín continúa avanzando cara a unha economía verde

O Concello márcase como obxectivo o uso de enerxías renovables para reducir emisións
Edificio do Concello de Marín. ARCHIVO
photo_camera Concello de Marín. ARQUIVO

O Concello levará ao próximo Pleno a aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (Pace) co que o municipio ten por obxectivo avanzar cara a unha economía verde, circular e sostible. Entre as liñas principais sobre as que se pretende actuar atópase reducir as emisións do CO2 nun 40 % de face ao 2030.

Este plan forma parte das necesidades a levar a cabo dentro do Pacto de Alcaldes ao que o Goberno local adheriuse o ano pasado adquirindo o compromiso de aumentar a resiliencia adaptándose ás repercusións do cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética. Para iso apostará por un maior uso das enerxías renovables co obxectivo de reducir as emisións de CO2 e gases de efecto invernadoiro nun 40 % nos próximos dez anos.

Para poder alcanzar estes obxectivos, o Concello realizará un inventario de emisións de referencia, unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático e un seguimento da evolución dos datos.

MÁS ESPAZOS VERDES. As accións a levar a cabo no Paces inclúen o aumento de espazos verdes e a creación de máis hortas urbanas no municipio, así como medidas dirixidas á agricultura e silvicultura e a incentivar a compostaxe. Tamén traballará para reducir o consumo de auga e controlar a incidencia dos temporais.

O plan inclúe tamén a reforma de edificios para mellorar a súa eficiencia ambiental, a redución do efecto de selado do terreo e accións de concienciación para a poboación.

A empresa Inovalabs foi a encargada de asistir na creación do proxecto por un importe de 12.088 euros, para o que inicialmente creou un rexistro de emisións, unha avaliación de riscos e debilidades e unha proposta de medidas. O Pace conta cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 11.000 euros.

Comentarios