Marín promove o seu espírito do Nadal co I Concurso de Decoración de Nadal

Terá tres categorías para o comercio, a hostalería e as vivendas ► Os primeiros premios serán de 300 euros
María Sanmartín, Raquel Soage y Cristina Acuña con el cartel. DP
photo_camera María Sanmartín, Raquel Soage e Cristina Acuña co cartel. DP

O Concello de Marín, a través das Concellerías de Comercio, Festas e Cultura, acaba de convocar o I Concurso de Decoración do Nadal co obxectivo de fomentar a participación cidadá na ambientación da vila, facendo cómplices da estampa do Nadal de Marín a comerciantes, hostalería e veciños .

No concurso poderán participar vivendas unifamiliares, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios ou negocios que estean situados no termo municipal de Marín. A decoración deberá estar exposta desde o 11 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021. Os adornos teñen que ser típicos de Nadal e a zona elixida para ser decorada ten que ser totalmente visible desde a vía pública.

Os interesados en participar no concurso de decoración poderán inscribirse gratuitamente ata o 11 de decembro a través da sede electrónica do Concello. Antes deberá cubrirse un formulario dispoñible na súa páxina web ou no Rexistro.

Unha vez exposta a decoración, os participantes deberán mandar antes do día 14 de decembro polo menos tres fotografías nas que se poida visualizar a ornamentación realizada.

Atención a... Categorías e premios
Para o concurso estableceranse tres categorías: comercio (no que se valorará en conxunto o mellor escaparate e o interior), hostalería (premiarase a mellor entrada e interior, así como as ventás) e vivendas. Esta última categoría divídese en comunidades, fiestras ou balcóns, e vivendas unifamiliares.
En todas as modalidades escolleranse as dúas mellores propostas. Os primeiros premios serán de 300 euros cada un, e os segundos, de 200 euros. A maiores, realizarase un sorteo de 100 euros entre todos os participantes non premiados.

Comentarios