Marín renova o seu certificado EMAS tras as melloras realizadas nas praias

O aumento da cartelería informativa e os avisos de concienciación por megafonía son algunhas das medidas aplaudidas
Un momento de la reunión mantenida esta semana. CEDIDA
photo_camera Un momento da reunión mantida esta semana. CEDIDA

O municipio marinense renova un ano máis o seu certificado EMAS, unha ferramenta de xestión ambiental creada pola Comisión Europea para avaliar e acreditar o rendemento ambiental dun organismo. Con este obxectivo, a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, mantivo este venres unha reunión co representante da xestión do certificado, Juan Cánovas, e co coordinador de limpeza do Concello, Francisco Cruceiras, para evaluar as medidas implementadas na campaña estival do 2020.

As restricións sanitarias que marcaron o verán deste ano foron tamén o principal obxectivo das melloras levadas a cabo. Algunhas das máis aplaudidas de cara á renovación do EMAS foron o aumento da cartelería informativa, tanto en prevención contra o coronavirus, como noutras cuestións relacionadas co uso responsable dos areais marinenses, o principal atractivo turístico do municipio. Tamén se destacou o novo sistema de mensaxes de concienciación a través de megafonía, así como a mellora dalgúns medios de acceso, como a renovación de dúas pasarenas ou a adquisición de dúas táboas de rescate para os servizos de socorrismo.

2021. Na reunión avaliáronse tamén algunhas outras medidas a implementar de cara á próxima tempada estival do 2021. Entre elas a creación dunha zona adaptada para as persoas con discapacidade nun dos areais marinenses.

Ademais valorarase como punto a favor nos pregos de contratación de servizos como o de limpeza ou baleirado das fosas sépticas, que conten cun sistema ambiental eficiente para o desenvolvemento da súa actividade nas praias.

Comentarios