Marín rexistrou 550 incidencias leves nos seus areais durante o mes de xullo

2020080516410967911
photo_camera Socorrista en Mogor. J.OUBIÑA

Os socorristas das praias da localidade marinense realizaron ao longo de todo o mes de xullo 550 atencións. Do total, 85 tiveron lugar na praia de Portocelo, 153 en Mogor, 103 en Aguete 1, 101 en Aguete 2, 84 na praia de Loira e 65 na praia Do Santo.

A maioría destas actuacións foron de carácter menor, destacando o habitual de todos os veráns, que son: as picaduras de fanecas, que houbo 171, 68 picaduras de avispas ,173 feridas e 30 avisos a cans.

O resto de atencións menores resultaron de pouca incidencia deixando: nove avisos a embarcacións, 14 avisos a pescadores e dúas escordaduras.

En canto ás actuacións de incidencia maior destacan: dous lipotimias (unha en Portocelo e outra en Aguete), un traumatismo dental dun neno de tres anos en Mogor, un ataque de ansiedade en Aguete 1, con aviso aos servizos sanitarios e un atragantamiento, con chamada á ambulancia, e un usuario con parálise cerebral.

Os socorristas, ademais, destacaron o bo comportamento dos usuarios dos areais marinenses á hora de tomar as medidas de seguridade e hixiene necesarias debido á crise da Covid-19.

Comentarios