domingo. 07.06.2020 |
El tiempo
domingo. 07.06.2020
El tiempo

Marín sofre varios cortes de auga

Vista aérea de Marín e o porto. DP
Vista aérea de Marín e o porto. DP
Foron provocados pola reparación dunha avaría na ponte de Santiago, en Pontevedra

A rede de abastecemento de auga de Marín sufriu este luns pola mañá varios cortes puntuais de subministración por mor da reparación dunha avaría á altura da ponte de Santiago, en Pontevedra. O Concello, que xa tiña prevista esta reparación, garantiu con anterioridade a subministración de auga a través da nova rede que transcorre pola parte alta do municipio, Acuaes.

Doutra banda, no termo municipal marinense producíronse a maiores dúas pequenas avarías causadas por roturas na rede en Soaxe e Camiño Vello, na parroquia de Seixo. A brigada de obras e de augas, co apoio dunha empresa externa de urxencias, repararon ambas as averias ao longo da mañá e restableceron o servizo. 

Marín sofre varios cortes de auga
comentarios