domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Marín vivirá 'Un verán con xeito'

Las ediles Marián Sanmartín y Raquel Soage, en la presentación del programa. GONZALO GARCÍA
As edís Marián Sanmartín e Raquel Soage, na presentación do programa. GONZALO GARCÍA
A Concellería de Festas presentou o programa de dinamización musical, cultural e de lecer da localidade para este verán, onde se apostará polas agrupacións marinenses

A Concellería de Festas do Concello de Marín presentou este venres o programa de dinamización musical, cultural e de lecer co que pretende que a localidade viva este ano "un verán con xeito", lema central da campaña e que segue a liña da nova imaxe corporativa do Concello de Marín (Un xeito de ser), que se presentou a semana pasada.

As edís Marián Sanmartín e Raquel Soage foron as encargadas de presentar este venres ante os medios esta campaña de dinamización de verán, que só no mes de xullo aglutinará case 50 actuacións de música, maxia, folclore e outras disciplinas, que se sumarán ás citas grandes anunciadas o pasado sábado para os días centrais das Festas do Carme.

"O punto de partida da campaña será este fin de semana, xa que queriamos estrealo coa proba piloto da verbena que haberá este sábado en Marín", explicou Marián Sanmartín, que recordou que a reserva de entradas para a verbena foi "un auténtico éxito", xa que se esgotaron en tan só 24 horas. A edil asegurou estar "convencida" de que a proba desta noite sairá "ben", o que lles permitirá seguir matizando a programación de face ao resto do verán.

O programa completo poderá consultarse de forma online a partir do próximo martes a través dun código QR e da web do Concello, o que permitirá que estea "constamente actualizado". Ademais, con este sistema, as actuacións que organice a hostalería poden incorporarse á grella para poder darlles visibilidade.

O programa aglutinará só no mes de xullo case 50 actuacións de música, maxia, folclore e outras disciplinas

As citas programadas iranse anunciando ata finais de xullo e a medida que avancen as semanas incluiranse máis detalles de todo o que está a preparar o Concello para agosto e setembro. De feito, Sanmartín indicou que "temos moitas actividades pechadas e xa estamos a pensar na Festa Corsaria, pero hai que ser cautos e ver como evoluciona a pandemia".

PEQUENO FORMATO. A programación deste verán seguirá o pequeno formato do pasado ano e que foi un "éxito", xa que se repartiron as distintas actuacións por diferentes puntos do centro urbano e cun marcado carácter local, que tamén re repetirá este ano. "Priorizaremos á xente de Marín e apostaremos por todo o talento dos grupos de música e de dinamización que sexan da localidade e a contorna", engadiu a edil.

Con respecto ao formato, Sanmartín anotou que "queremos replicar o traballo que realizamos o pasado ano, apostando polo terraceo, pola hostalería, porque sabemos que é un motor de dinamización económica que se funciona, axuda a que todo o demais tamén funcione".

FESTAS DO CARMEN. Tal e como xa se anunciou, os días grandes das Festas do Carme terán o seu propio cartel, que se presentará a próxima semana, terán actuacións de gran formato e en cadeiras, que permitirán duplicar o aforamento chegando incluso ás 2.000 persoas, que se controlará a través da reserva de entrada previa gratuíta.

Estas medidas aplicaranse tanto ao concerto de DVicio e da París de Noia.

Marín vivirá 'Un verán con xeito'
comentarios
ç