Un menor en bicicleta resulta ferido en Marín

O home que alertou ao 112 asegura que o neno non reaccionaba
112 Galicia. DP
photo_camera 112 Galicia. DP

Un menor caeu da bicicleta cando circulaba pola Avenida da Cañota, no concello de Marín. Un alertante avisou do accidente ao 112 Galicia ás 16:30 horas do luns. 

O home que realizou a chamada asegurou que o neno non reaccionaba. A pesar de que o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi prevido, foi o pai quen trasladou ao menor a un centro sanitario da localidade. 

Os axentes da Policía Local, os Bombeiros de Pontevedra, do Morrazo e os efectivos de Protección Civil de Marín tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.

Comentarios