miércoles. 29.09.2021 |
El tiempo
miércoles. 29.09.2021
El tiempo

Morre un tripulante a bordo dun barco marinense a causa do coronavirus

Playa de Galicia. DP
El Playa de Galicia. DP
O buque Playa de Galicia chega a Montevideo cun falecido 

El Playa de Galicia, propiedade da armadora Pesquerías Marinenses, con base no municipio, arribou no porto de Montevideo (Uruguai) cun tripulante a bordo falecido, supostamente por mor da covid-19. A empresa marinense non achegou máis información acerca do ocorrido, así como se hai algún outro tripulante na embarcación contaxiado da enfermidade. 

Este podería ser segundo mariñeiro que falece por mor da covid-19 en menos de tres meses procedente de embarcacións morrancenses. O pasado 7 de maio, o contramaestre cangués con siglas P.J., de 51 anos de idade, falecía en Montevideo tras contaxiarse do virus a bordo do Playa de Sartaxéns, un buque no que levaba traballando 25 anos, e no que había partido no mes de xaneiro.

Xunto a outro tripulante da embarcación, ingresou nun centro sanitario da capital uruguaia. O seu estado de saúde empeorou e foi trasladado á Uci, onde acabou falecendo.

Morre un tripulante a bordo dun barco marinense a causa do coronavirus
comentarios
ç