Unha naviera establece unha liña de barco entre Moaña e a illa de San Simón

O barco sairá ás 09:45 horas do próximo domingo de Moaña con destino a San Simón e con parada en Meirande
A illa de San Simón. RAFA FARIÑA/ARQUIVO
photo_camera Illa de San Simón. RAFA FARIÑA (ADP)

A empresa naviera Nabia establecerá unha liña de transporte en barco desde Moaña á illa de San Simón, na ría de Pontevedra, a partir do próximo domingo, informa nun comunicado.

A naviera subliña que o porto de Moaña dispón de aparcadoiro gratuíto para os usuarios no peirao e o traxecto permite gozar dunha privilexiada vista das bateas de cultivo de mexillón, "un dos recursos turísticos máis destacables" das rías galegas.

O barco sairá ás 09:45 horas do domingo de Moaña con destino á illa de San Simón con parada en Meirande.

A empresa aspira a establecer outras rutas desde ese porto e anuncia a posibilidade de adquirir billetes para visitar as illas Cíes ata maio cun percorrido guiado para coñecer parte da historia e a vida natural desa zona que integra o parque nacional Illas.

Comentarios