O 2020, o ano das obras en Marín

O Auditorio, o Paseo Alcalde Branco e a Avenida de Ourense serán as grandes actuacións
Una de las infografías del proyecto de mejora del Paseo Alcalde Blanco. DP
photo_camera Unha das infografías do proxecto de mellora do Paseo Alcalde Blanco. DP

A localidade marinense vivirá un ano 2020 cheo de cambios a nivel urbanístico, xa que levarán a cabo –e concluiranse– actuacións que suporán unha transformación da vila. En carteira, o Concello de Marín ten proxectos tan relevantes como os englobados dentro de #Marín2020, que á súa vez está incluído dentro da estratexia EDUSI, financiada cos fondos da Unión Europea. Grazas a isto, o municipio está en trámites de sacar adiante unha serie de obras primordiais e moi demandadas polos veciños.

As máis destacadas son, sen dúbida, a construción do Auditorio, a remodelación do Paseo Alcalde Blanco ou a humanización da Avenida de Ourense, a columna vertebral da localidade.

Cabe destacar que a finais do pasado ano iniciáronse unha serie de melloras na localidade que se espera que conclúan a principios xa deste ano, como en é o caso de Concepción Areal. Outras xa están pechadas para desenvolverse ao longo dos próximos meses e que suporán unha mellora global para Marín.

O proxecto estrela e que está preto de empezar a realizarse é Auditorio. Logo de moitos meses de traballo, a construción do centro cultural marinense está máis cerca. Neste momento atópase en tramitación e supón a obra máis ambiciosa que levará a cabo na localidade.

A nivel de dimensións, tal e como adiantou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, durante a presentación do proxecto, o centro cultural situarase na parcela da Praza de España, de máis de 2.000 metros cadrado, que foi cedida en uso polo Porto de Marín. Ademais, o Auditorio contará cun aforamento de 550 espectadores.

A instalación do equipamento cultural axudará á reordenación de todos os fluxos circulatorios desta zona e suporá a creación dun aparcadoiro subterráneo, de 700 metros cadrados, resolvendo así a demanda de estacionamento.

A execución suporá un gasto de catro millóns de euros. Dous deles correspóndense ao financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e os outros dous serán achegados pola Xunta de Galicia.

PASEO. O Goberno local impulsou durante o pasado ano un proxecto de remodelación para o Paseo Alcalde Blanco, en continuidade coa creación do Auditorio na parcela da Praza de España. O obxectivo principal é aproveitar ao máximo o maior miradoiro ao mar que ten o centro urbano da vila.

Recentemente, este proxecto adxudicóuselle a Copcisa por un importe de 1.312.653,46 euros e conta tamén coa cofinanciación dos Fondos FEDER, dentro da Estratexia EDUSI, que asumirán o 80% das presuposto grazas ao plan #Marín2020. O 20% restante será achegado polos fondos propios do Concello.

O proxecto contempla unha mellor integración co mar e a finalización da súa punta. Tamén se creará unha zona de transición a modo de bancada e de áreas verdes. A humanización suporá tamén a implantación dun novo local de hostalería.

COLECTOR. A Avenida de Ourense é foco de dúas melloras que supoñen un gran cambio para a columna vertebral da localidade, así como o seu acceso principal. Unha delas e a gran obra de saneamento que se está levando a cabo coa renovación do antigo colector por un de maior capacidade, que contará ademais cun depósito de retención que evitará que chegue un caudal excesivo á Depuradora de Praceres.

Esta obra, que nace dun convenio entre o Concello de Marín e Augas de Galicia, enfila a súa recta final xa que se está executando a súa cuarta fase. O investimento foi de tres millóns de euros.

A segunda parte da mellora da Avenida de Ourense é actuar directamente na súa mobilidade. Así, coa finalización do colector ao virar a esquina, iniciouse a finais do pasado ano a tramitación de licitación da segunda parte, que suporá a creación dun carril bici, a mellora da eficiencia enerxética, a creación de espazos verde e de descanso ao longo do Paseo do Colesterol e a renovación total do asfaltado.

Esta actuación está enmarcado no plan #Marín2020 e conta co financiamento dos Fondos DUSI nun 80%. O orzamento é de 1.400.000 euros e terá un prazo de execución de 12 meses.

Outras humanizacións e proxectos
Ao longo do 2020, o Goberno local apostará pola mellora de estradas e de infraestucturas, un feito que sempre foi unha prioridade para o Concello. Para este ano están pechadas dúas humanizacións. Por unha banda humanizarase a Rúa Estrada, que suporá o ensanche das beirarrúas e unha mellor distribución dos carriis de tráfico.

Por outra, tamén levará a cabo a humanización da Rúa Camiño Vello de Seixo, que está en moi mal estado.

Ademais unha das rúas máis céntricas de Marín é Concepción Areal, cuxa remodelación empezou en 2019 e está a piques de acabar. En 2020 tamén se prevé a mellora do Estadio Municipal de San Pedro.

Comentarios