sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

A Plataforma de Seixo denuncia esperas de 20 días para o médico de cabeceira

Centro de Saúde de Seixo. ACEMAS
Centro de Saúde de Seixo. ACEMAS
Critican ante a Valedora do Pobo a situación do Centro de Saúde da parroquia e convocan asembleas para organizar novas protestas

Os 18 colectivos e asociacións que conforman a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo puxéronse en contacto esta semana coa Valedora do Pobo para facela coñecedora da situación actual do ambulatorio, onde denuncian esperas de ata 20 días para unha consulta telefónica co médico de cabeceira. Solicitan "defender o dereito á protección da saúde e a unha atención sanitaria digna" e convocan novas asembleas nas parroquias para organizar futuras protestas.

A plataforma denuncia un "empeoramento da situación" no Centro de Saúde por mor dos recortes de persoal derivados da xubilación dun dos médicos de cabeceira o pasado mes de agosto. "os recortes en persoal empeoran a asistencia así como as listas de espera e as consecuencias acabámolas sufrindo as persoas usuarias da sanidade pública e o persoal que ten que asumir máis carga de traballo para poder atender os pacientes", explican os afectados.

Denuncian así que a falta de cobertura da praza vacante tras a xubilación, así como a redución a catro horas de asistencia para cubrir as vacacións do outro doutor dispoñible, "está a colapsar o Centro de Saúde", unha situación na que critican ademais a xestión tanto por parte do Concello, como desde a Xunta.

"A Xerencia mesmo recorreu á Farmacéutica do Centro de Saúde da Parda para cargar receitas para certos pacientes e a situación está a ser moi complicada para as farmacias de Seixo e Ardán".

A situación empeora, denuncian, á hora de pedir as citas, onde as esperas se chegaron a alargar ata 20 días. "Como a Xerencia non cobre o facultativo xubilado, a Xerencia permite que sexan atendidos 10 pacientes diarios deste cota", aumentando o atraso de ambas as cotas, explican desde a plataforma.

"Dende o 10 de agosto estanse a dar citas para outubro, de feito o luns 13 de setembro xa se estaba a citar para o día 4 de outubro, isto é unha demora de 20 días para unha consulta telefónica", deixando no pasado a "consulta presencial sen listas de espera" da que se beneficiaba este centro.

VALEDORA. Por todo iso, desde o colectivo denuncian ante a Valedora do Pobo a falta de compromiso do Goberno autonómico á a hora de asegurar a atención primaria do centro, informando ademais do "grave prexuízo sufrido pola veciñanza por parte da Xunta, ante o desamparo do Concello de Marín".

Unha queixa que desde a plataforma esperan "sexa admitida a trámite", ao constar dun documento "fundamentado xurídicamente", no que demandan "defender o dereito á protección da saúde e a unha atención sanitaria digna a través de demandar a cobertura do persoal de maneira permanente e estable, e a posta en marcha de servizos como pediatría ou fisioterapia".

Así mesmo, anuncian que convocarán novas asembleas nas parroquias para informar da gravidade da situación e preparar novas accións de protesta en defensa da atención de calidade no Centro de Saúde.

Máis
Recollida de reclamacións
En paralelo a esta denuncia, a Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo puxo en marcha o pasado 15 de agosto unha campaña de reclamacións entre os usuarios do ambulatorio.

Así, os membros da agrupación mantivéronse durante varias xornadas ás portas do consultorio para informar o proceso e axudar a todos aqueles interesados en presentar unha queixa.

Tras os últimos acontecementos nas demoras das citas, animan a todos os afectados a que "cubran a folla de reclamacións" seguindo os pasos publicados a través da páxina de Facebook da plataforma ou contactando directamente con eles por teléfono ou correo electrónico.

A Plataforma de Seixo denuncia esperas de 20 días para o médico de...
comentarios
ç