O Porto de Marín recibe preto de 50.000 toneladas de graneis sólidos

Os buques Voge Emma, Arklow Artist e Onego Merchant realizan descargas simultáneas na rada e espérase que nos próximos días chegue un cuarto, o Loxandra
 
El Ongeo Merchant en el Muelle Leirós. DP
photo_camera El Ongeo Merchant en el Muelle Leirós. DP

Tres buques graneleros realizan simultaneamente as súas operacións de descarga estes días no Porto de Marín e espérase a escala dun cuarto buque prevista para a primeira semana de xuño. O dos graneis sólidos sitúase como un dos tráficos á alza este ano, cunha subida rexistrada do 19,41% ata o mes de abril con respecto ao primeiro cuadrimestre do ano anterior.

O Peirao Comercial Oeste acolle a operativa de 33.000 toneladas chegadas a bordo do Voge Emma desde Montreal, mentres que as dúas atracadas dos Peiraos Leirós están ocupados polos graneleros Arklow Artist e Onego Merchant, procedentes de Reino Unido e Alemaña, respectivamente . Ambos descargan 15.000 toneladas de granel. Para a próxima semana está anunciada a chegada doutro bulk carrier, o Loxandra, que achegará outras 30.000 toneladas de graneis agroalimentarios á rada marinense.

Os cereais e pensos que chegan ao porto abastecen as granxas avícolas e gandeiras de toda a comunidade galega que, á súa vez, son fundamentais na subministración de carne, ovos e demais derivados aos mercados de consumo.

Comentarios