A praia de Loira recupera as súas festas e celebra unha previa este sábado

A edil Elisa Dopazo coas representantes da comisión de festas. DP
photo_camera A edil Elisa Dopazo coas representantes da comisión de festas. DP

Tras dous anos sen poder celebralas por motivo da situación sanitaria, a praia de Loira acollerá de novo a posta en marcha das súas festas anuais. Estas terán lugar o sábado 27 de agosto, contando con diversas actividades e música nunha xornada que suporá a recuperación dunha das datas máis especiais para dita zona domunicipio.

Dúas semanas antes da celebración oficial das festas de Loira, a este evento precederalle unha xornada de pre-festa, que terá lugar o próximo sábado 13 de agosto. Tratarase dun aperitivo para preparar á veciñanza antes de poñer en marcha as actividades do día grande.

O sábado 27 de agosto a xornada festiva comezará pola mañá cunha amenización musical da man de pasarrúas e unha sesión vermut a cargo da charanga Charandonga. Pola tarde, as actividades estarán adicadas aos máis pequenos con diversos xogos con inflables, a celebración dunha festa da espuma e a instalación dun toro mecánico.

En horario nocturno, a festa dará comezo a partir das 22.00 horas cunha verbena amenizada polas agrupacións Magos e Xacobeo, que finalizará á medianoite para dar paso ao momento protagonista da xornada. A partir das 00.00 horas terá lugar a gran tirada de fogos de artificio a cargo da entidade de pirotecnia Argimiro Alborés.

Para rematar o día de festa, os asistentes poderán gozar dunha sesión de música variada a cargo do Dj Rubén Díaz, que animará o lugar de Loira ata ben entrada a madrugada.

Comentarios