Ramallo, ante as restricións: "É un toque de atención, non baixemos a garda"

Marín repartirá 96.000 euros á hostalería, a principal afectada pola subida a nivel medio do municipio
María Ramallo en la Casa Consistorial de Marín. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera María Ramallo na Casa Consistorial de Marín. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

"É un toque de atención. Estamos subindo lento pero continuado e por iso non podemos baixar a garda e temos que cumprir con todo o que nos van indicando as autoridades sanitarias", manifestou este mércores a alcaldesa de Marín, María Ramallo, sobre a subida do municipio ao nivel medio de restricións para loitar contra a pandemia de coronavirus.

Os últimos datos reflicten unha incidencia de 94 casos por 100.000 habitantes a sete días e de 123 a 14 días, unha lixeira subida respecto da véspera. Ten 29 casos activos. As novas restricións reducirán desde este venres ao 30% o aforamento interior dos locais de hostalería e ao 50% o das terrazas.

Precisamente este sector será o destinatario de 96.000 euros de fondos municipais para "reforzar o plan de axudas da Xunta para a hostalaría", explicou.

Ramallo detallou que en Marín son 96 os establecementos que se adheriron ao II Plan de Rescate da Xunta de Galicia, polo que se lles ingresarán directamente mil euros a maiores a cada un para completar a subvención autonómica. Recibirán esta cantidade "sen necesidade de realizar ningunha tramitación nin na Xunta nin no Concello". 

JÓVENES. Así mesmo, destacou que en Marín hai dez farmacias adheridas ao programa de cribado con test masivos de saliva dirixido a persoas de entre 12 e 17 anos, polo que en total pódense recoller 200 mostras diarias. "É unha franxa na que se detectan sobre todo asintomáticos. Pedimos que todos acudan realizala, porque é unha boa maneira de frear posibles contaxios en contornas familiares e nos centros educativos". 

Comentarios