Marca de asistencia no Sorrías con 22.230 persoas

A 19ª edición do festival SonRías Baixas, que tivo lugar o pasado fin de semana en Bueu, rexistrou unha marca de asistencia con 22.230 persoas, informou este martes a organización
Ambiente en el recinto de As Lagoas. ANXO LORENZO
photo_camera Ambiente en uno de los conciertos del SonRías. ANXO LORENZO

O festival regresou ao seu modelo habitual tras dúas edicións adaptadas ao contexto sanitario por mor da Covid 19 e os asistentes abarrotaron as rúas da localidade, as súas praias, os seus bares e restaurantes e, por suposto, o recinto no que levaron a cabo os concertos.

"Foi a confirmación do retorno do festival en toda a súa plenitude", dixo nun comunicado o codirector do festival, Jordi Lauren. "Estivemos tres anos traballando para que, por fin, os asistentes puidesen gozar da experiencia Sorrías Baixas en toda a súa esencia: música en vivo, gastronomía e natureza", engadiu.

Destaca a organización que o festival, con máis de 20 bandas, xerou 510 empregos directos, contou con empresas de proximidade e contratou provedores locais, ademais de ser o causante de que non quedasen camas libres en ningún hotel. Calculan, así, que o impacto económico na zona foi de aproximadamente 1,25 millóns de euros.

As 22.230 persoas que acudiron conforman un público maioritariamente feminino e moi novo, o que segue consolidando o Sorrías como primeira experiencia festivalera para boa parte do público galego e menores de 30 anos. 

Ao longo de tres xornadas, en Bueu actuaron máis de 20 bandas, algúns consolidadas como Kase.O, Eskorzo, Rayden Arnau Griso, pero tamén voces novas de estilos urbanos como Sofía Gabanna ou JazzWoman, así como referentes no seu ámbito, como Rels B. 

Outras bandas como Tanxugueiras, Ciudad Jara, Suu, A M.O.D.A., Delaporte ou García Mc & Nación Quilombo deron a coñecer as súas novos discos en Bueu, e para artistas como Emlan ou Maurino o SonRías foi a súa primeira parada en Galicia.

Comentarios