Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

As redes sociais axudan á Garda Civil a recuperar un quad roubado en Bueu

O quad roubado en Bueu. GARDA CIVIL
O quad roubado en Bueu. GARDA CIVIL

O presunto autor da subtracción é un mozo de 20 anos veciño de Caldas de Reis

A Garda Civil recuperou en Ribadumia grazas ás redes sociais e á colaboración cidadá un quad que fora roubado a semana pasada en Bueu.

O vehículo, informa un comunicado, subtraérono cando estaba estacionado diante do domicilio do seu propietario en Bueu e a circunstancia de publicar a súa fotografía nas redes sociais activou especialmente a colaboración cidadá.

A primeira información que aparece nas redes é que o vehículo fora reparado dunha pequena avaría nun taller mecánico na contorna da cidade de Pontevedra.

As liñas da investigación non tardaron en situar o todoterreo na comarca do Salnés e en pouco tempo recibiuse outra alerta cidadá que situaba o quad estacionado na localidade de Ribadumia, onde foi finalmente localizado.

As investigacións iniciadas polos Postos da Garda Civil de Marín e Pontevedra finalizaron coas pescudas efectuadas polos efectivos do Posto Principal de Cambados, que concluíron coa identificación e localización do presunto autor da subtracción, un mozo de 20 anos, veciño de Caldas de Reis.

Está a ser investigado como presunto autor dun delito de furto. 

As redes sociais axudan á Garda Civil a recuperar un quad roubado...
Comentarios