O regreso de maiores ás residencias DomusVi de Vigo e Cangas complétase este sábado

DomusVi Aldán (Cangas). ADP.
photo_camera A residencia de maiores de Aldán, en Cangas, xestionada polo grupo DomusVi. RAFA FARIÑA

A Xunta completa este sábado o traslado de persoas maiores usuarias das residencias DomusVi de Barreiro, en Vigo, e DomusVi de Aldán, en Cangas, de regreso ás mesmas. Permanecían nas instalacións da residencia de tempo libre de Patos, en Nigrán, nove usuarios do centro vigués e 10 do de Aldán, que foran trasladados tras rexistrarse varios casos de coronavirus nas súas instalacións de orixe e comprobarse que non estaban infectados. 

Durante a pandemia interviñéronse tres residencias en Galicia. Precisamente, dúas delas foron as instalacións de DomusVi en Aldán e Barreiro, mentres o terceiro centro foi o xeriátrico Nosa Señora de Fátima, situado no Barco de Valdeorras.

Comentarios