Revalorizando o marisco descoñecido das rías galegas

O chef Iñaki Bretal impartiu este martes a primeira sesión formativa destinada á promoción de produtos marítimo-pesqueiros locais
EL chef Iñaki Bretal en la masterclass junto a una de las participantes. B. NESTAR
photo_camera EL chef Iñaki Bretal en la masterclass junto a una de las participantes. B. NESTAR

Pór en valor os mariscos menos coñecidos das rías galegas foi o principal obxectivo da masterclass que o chef con Estrela Michelín, Iñaki Bretal, ofreceu este martes no Espazo Empredendor de Innovación Alimentaria de Marín (EEIA). Esta clase formativa foi a primeira dun total de dez sesións centradas na promoción dos produtos marítimo-pesqueiros de Galicia que se desenvolverán ao longo de 2022 nesta mesma aula.

Un total de 12 persoas participaron este martes na clase, onde representantes de establecementos de hostalería da localidade, xunto a empresarios e traballadores doutros sectores, aprenderon de forma práctica os secretos culinarios da auga das rías. E é que todos os alumnos vestíronse os delantales para aprender sobre os propios produtos, do xeito máis práctico, o mellor xeito de cociñalos.

Ameixón, capelán, carneiro, volandeira, navalla, longueirón, orella de mar, cornicha de Aldán ou a ostra rizada de Ferrol foron os ingredientes que Bretal utilizou este martes xunto aos participantes. Un conxunto de produtos locais cos que o seu restaurante, O Eirado, está máis que familiarizado.

¿O obxectivo?, "dar a coñecer mariscos que temos nas nosas rías que son menos coñecidos, que agora comezan a traballarse, pero que realmente nunca se puxeron en valor", explica o chef. "Como non tingan valor comercial ían ao mar, e aínda que agora xa se empezan a traballar un pouco, xa utilizábanse antes fóra de Galicia".

Alicia Piñeiro: "Coñecemos o clásico, así que saber un pouco máis sobre novas alternativas é sempre unha boa oportunidade" 

Bretal pretende así dotar dun novo valor a eses produtos descarte que poucas veces acaban nas mesas dos comensais, reforzando o coñecemento sobre o seu cociñado e loitando contra o desperdicio. "Cando cae un produto nas nosas mans e non che sae á primeira elaboración, igual non é que non valla, senón que hai que darlle máis voltas para ver que elaboración facer para que estea bo".

A alcaldesa, María Ramallo, inaugurou este martes a clase, acompañada pola edil de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, e Alicia Montes, da directiva da Asociación de Novos Empresarios de Pontevedra (AJE).

Ramallo puxo en valor os coñecementos do curso para que se poida aplicar a calquera ámbito profesional nada máis saír pola porta" e a necesidade de dotar de valor engadido ao produto local.Fixo fincapé tamén na importancia do Turismo o pasado verán, "que tamén demanda que presentemos este tipo de produtos dunha forma coidada, e iso pasa pola profesionalización e a formación".

MÁS CLASES. Esta masterclass é a primeira de dez accións formativas promovidas polo Concello de Marín a través da solicitude dunha subvención ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobadas pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp).

Enmárcase nos obxectivos específicos do programa da Femp para os anos 2021 e 2022 e conta cun investimento total de 32.126,90 euros, dos que un 80 % corresponden a fondos achegados pola Consellería e un 20 % restante a fondos propios municipais.

Comentarios