A rúa Ezequiel Massoni terá bancos de madeira e xardineiras de pedra

A Xunta de Goberno local do pasado mércores acordou iniciar o expediente de contratación das obras de instalación de mobiliario urbano nesta rúa

Calle Ezequiel Massoni. DP
photo_camera Rúa Ezequiel Massoni. DP

O Concello porá de domingo a céntrica rúa Ezequiel Massoni, unha das máis transitadas da vila debido ao gran número de vivendas e de comercios que aglutina.

Así, a Xunta de Goberno local do pasado mércores acordou iniciar o expediente de contratación das obras de instalación de mobiliario urbano nesta rúa, que contan cun orzamento de 53.592,04 euros, dos cales 48.431,05 serán financiados polo Plan Concellos 2018-2019 da Deputación.

A humanización consistirá na remodelación dalgúns das cruces, coa instalación de xardineiras de pedra granítica con conexión á rede de rega e bancos de madeira para goce dos marinenses.

Comentarios