lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Rueda defende a "adecuada" actuación da Xunta na residencia de Aldán

Residencia de DomusVi en Aldán, Cangas. RAFA FARIÑA
Residencia de DomusVi en Aldán, Cangas. RAFA FARIÑA

O xuíz abriu dilixencias previas contra dous responsables do centro e dous altos cargos da Xunta

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse convencido de que o Goberno galego tivo unha actuación "adecuada" respecto da residencia de DomusVi en Aldán (Cangas), sobre a que o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cangas abriu dilixencias previas.

O xulgado incoou este procedemento contra dous responsables do centro e dous altos cargos da Xunta, María Berta Besada, xefa dos servizos de Inspección de Maiores e Discapacitados, e Idelfonso de la Campa, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

A todos eles investígaselles polos presuntos delitos de homicidio ou lesións por imprudencia profesional ou de abandono de discapacitados.

Rueda mostrou no mediodía deste xoves, nunha rolda de prensa de balance da xornada electora do 12-X, o "total respecto e colaboración" con este proceso por parte da Xunta, pero está convencido de que a actuación foi "adecuada", tanto neste caso como no doutras residencias.

"Os resultados da xestión en Galicia, tamén nas residencias acreditan que fixemos, dentro das circunstancias, unha adecuada actuación", afirmou.

Por iso, espera que non se deriven responsabilidades por este caso para a Administración galega, que achegará toda a documentación que lle pida ao xogado e todos os testemuños para "acreditar a súa actuación".

O xuíz abriu dilixencias tras admitir a querela presentada polos familiares de dúas usuarias de DomusVi Aldán, unha das tres residencias intervidas pola Xunta debido ás altas cifras de contaxiados por coronavirus, que se acabaron traducindo nunha trintena de falecidos só neste centro.

Rueda defende a "adecuada" actuación da Xunta na residencia de Aldán
comentarios