Sacan os peixes do lago de Castiñeiras para iniciar os traballos de selado

O Concello de Marín iniciou o martes os traballos de baleirado do caudal

O Concello de Marín iniciou o pasado martes os traballos de baleirado do caudal do Lago de Castiñeiras, para empezar así o proxecto de selado das gretas presentes no seu muro, que lle rouban o caudal ano tras ano. A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, acompañada do técnico municipal, supervisou este mércores a actuación dos axentes do Servizo de Conservación dá Fauna da Xunta de Galicia, que retiraron os peixes do lago para transportalos a unha piscifactoría mentres duran os traballos.

Exemplar de carpa extraída do lago. C. NEIRAEn total, recolléronse 48 quilos de especies invasoras e éxoticas, entre as que destacan as carpas, os carpines e o cangrexo americano, e 43 exemplares de troita do país.

Cangrexo extraído do lago. C. NEIRA

►Máis información na edición impresa de Diario de Pontevedra deste xoves

Comentarios