O Sequelo prepárase para a chegada do seu Entroido

Un ano máis celebrará o seu tradicional obradoiro da filloa, que leva 16 anos formando parte da festividade
Alumnos do Sequelo co cartel promocional desta edición. DAVID FREIRE
photo_camera Alumnos do Sequelo co cartel promocional desta edición. DAVID FREIRE

O Entroido no CEP Sequelo de Marín vívese con emoción. A festa, que leva anos sendo unha das máis importantes do centro escolar, préparase con esmero cada edición e acolle, dende hai 16 anos, o seu principal atractivo: un obradoiro de filloas.

Preparadas no momento na pedra e por, como as chaman no colexio, fiolleiras profesionais, este manxar do Entroido convértese por unha tarde no protagonista e tranforma unha parte do patio do centro nun auténtico obradoiro.

tradición. As mulleres que as preparan, procedentes de Valongo, son "las de toda la vida", comenta unha das profesoras, María del Mar Acuña. Elas son as que se esconden tras as pedras e as que ensinaban aos nenos a cociñalas nos comezos da festividade. Agora, co paso do tempo, os nenos adícanse só a comelas, pero a costume da filloa recién feita segue sendo unha das actividades máis esperadas cada ano. "Es una fiesta única aquí, no es habitual que a los coles vengan a realizar las filloas in situ", explica Acuña.

Aínda que para os nenos os disfraces, o desfile e o concurso son o máis destacado da cita festiva, que terá lugar este xoves de 16.30 a 18.30 horas. "A mí lo que más me gusta y de lo que más ganas tengo es del desfile", sinala a alumna Desi Fernández, que non quere desvelar o seu disfraz deste ano. E é que os temas dos disfraces son todo un misterio que se garda con chave ata o mesmo día do desfile.

Tampouco se sabe con seguridade qué produtos vanse poder disfrutar durante a xornada. Os nenos e as súas familias son as encargadas de elaboralos. "Yo todos los postres que he traído estos años los he hecho con mi madre y mi abuela artesanalmente", explica el alumno Bryan Belliard.

Pola mañá, coas comidas traídas polos alumnos, préparase unha exposición que todos os nenos e nenas visitarán. Ademáis, como é tradición, tras a xornada festiva do xoves, ao día seguinte antes do recreo, todas as clases poderán degustar unha última vez dos postres do Entroido coas sobras do día anterior co fin de non desperdiciar nada.

Dende o centro animan a todos os ex alumnos e as familias dos nenos do centro a participar no seu tradicional Entroido.

Atención a... O concurso de disfraces
Ao concurso de disfraces pode apuntarse quen queira, aseguran dende o centro. Só é necesario comunicalo no colexio entre este mércores e o xoves con tempo para poder elaborar os dorsais dos participantes, que ofrecerán un desfile previo á entrega de premios.

As características a ter en conta para entregar os galardóns serán "o máis orixinal, o máis divertido, o disfraz máis artesanal...", explica o escolar do centro Óscar de la Torre.

Comentarios