A 'Smart Mobility', cada vez máis preto de ser unha realidade en Marín

Este proxecto terá un custo 178.821,71 euros, cofinanciado polos Fondos FEDER, e a empresa adxudicataria terá un prazo de execución de seis meses ata o 1 de marzo de 2023
La Avenida de Ourense contará con cámaras de vídeo para el control del flujo del tráfico. ADP: J. CERVERA-MERCADILLO
photo_camera La Avenida de Ourense contará con cámaras de vídeo para el control del flujo del tráfico. ADP: J. CERVERA-MERCADILLO

O próximo verán, veciños e turistas poderían chegar a strong <>consultar en tempo real os aparcadoiros libres dispoñibles no municipio grazas smart mobility, un proxecto que nace co obxectivo de favorecer unha mobilidade máis eficientes e que agora está máis preto de ser unha realidade.

Esta semana, a Xunta de Goberno Local aceptou a proposta de adxudicación da Mesa de Contratación a favor da empresa a Solucións Eléctricas e Metalúrxicas S.L,que terá un prazo de execución de seis meses ata o 1 de marzo de 2023, unha vez formalizada toda a documentación. O custo total da obra será de 178.821,71 euros cofinanciado nun 80% polos Fondos FEDER.

Esta Smart Mobility permitirá sensorizar as prazas de aparcadoiro dispoñibles no municipio e ofrecerá á cidadáns información en tempo real dos espazos libres en cada zona a unha determinada hora do día e incluso con antelación, así como o fluxo de tráfico. Tamén pretende ofrecer información sobre as liñas de transporte público dispoñibles, horarios, duración dos traxectos ou outros datos útiles que poidan servir aos usuarios.

Un dos alicerces do proxecto será a creación dun sistema de medición de fluxo de vehículos mediante lectura de sinais bluetooth

Un dos alicerces do proxecto, tal e como se recolle na súa memoria, será a creación dun sistema de medición de fluxo de vehículos mediante lectura de sinais bluetooth. Esta ferramenta instalarase en Praza de España e no inicio do viario de praias desde a PO-551.

As cámaras de vídeo pasarán a ser parte do mobiliario urbano. Con esta iniciativa instalaranse en diferentes puntos da localidade -Avenida de Ourense, rúa Jaime Janer e Praza de España- para o control do fluxo do tráfico, o que permitirá tamén un visionado en streaming. á súa vez, porase en marcha un sistema de localización de vehículos en tempo real con dous automóbiles controlados.

Os aparcadoiros disuasorios tamén entrarán dentro deste gran hermano. Na memoria do proxecto contémplase ademais aumentar o número de aparcadoiros controlados, concretamente o da Praza do Regueiro (recheo) e o do pavillón da Raña.

Esta revolucionase forma de buscar aparcadoiro no municipio marinense enmárcase dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible, a Edusi Marín 2020.