Os socorristas das praias de Marín rexistraron 481 incidencias en agosto

Entre as atencións de maior relevancia destacan catro lipotimias, cinco rescates acuáticos e dúas patoloxías cardíacas
Playa de Mogor. BEA CÍSCAR
photo_camera A praia de Mogor foi o areal onde máis intervencións se rexistraron. BEA CÍSCAR

Durante o mes de agosto, os socorristas contratados polo Concello de Marín para velar pola seguridade dos bañistas nas praias da localidade rexistraron un total de 481 incidencias. Do case medio centenar de intervencións, 105 tiveron lugar na praia de Portocelo, 139 en Mogor, 78 en Aguete 1, 85 en Aguete 2, 104 na praia de Loira e para rematar 75 no Santo.

Con respecto ás atencións menores que tiveron que realizar os vixiantes dos areais marinenses, destacan as habituais picaduras de fanecas (95), picaduras de avispas (29), 185 feridas e 56 avisos por cans. O resto de atencións menores, que tiveron pouca relevancia, resúmense en 38 avisos a embarcacións, 29 avisos a pescadores e dúas escordaduras.

En canto ás atencións maiores, os socorristas sinalaron catro lipotimias (en Portocelo, Mogor, Aguete e Loira), dous rescates acuáticos en Loira e tres en Mogor (sen consecuencias maiores). Tamén se localizaron catro nenos perdidos en Portocelo e dúas patoloxías cardíacas en Loira o mesmo día con asistencia de dúas ambulancias medicalizadas e o traslado ao hospital de referencia.

Cabe destacar que durante o pasado mes de xullo os socorristas marinenses realizaron un total de 505 atencións, das que 85 foron en Portocelo, 153 en Mogor, 103 en Aguete 1, 101 en Aguete 2, 84 en Loira e 65 na praia do Santo.

No mes de xullo tampouco se rexistraron incidencias de gravidade e que sumadas ás de agosto cuantifican un total de 986 incidencias durante os dous meses de maior tránsito turístico nas praias da localidade de Marín.

Comentarios