O Son de Marín chega esta fin de semana para encher as rúas de música

O Concello presentou a programación completa do festival que terá lugar en diferentes puntos da vila
Un momento do Marín Canta cos Saljariteiros da pasada edición na Alameda. CRISTIAN FERNÁNDEZ
photo_camera Un momento dunha edición doutros anos. CRISTIAN FERNÁNDEZ (ARQUIVO)

O Concello de Marín presentou este martes a programación completa do festival Son de Marín que terá lugar en diferentes puntos da vila os vindeiros 30 e 31 de xullo.

O festival comeza o xoves 30 na Praza da Cultura de Seixo a partir das 21:00h. Alí, actuarán os acordeonistas Manolo e Ramón e o solista Eusebio. Tamén haberá actuacións da violinista Lía e do grupo Arte & Maña.

Ao día seguinte, venres 31, o Parque Eguren acollerá a IV edición de Marín Canta cos Saljariteir@s. Esta agrupación, de cantos de taberna, animará aos asistentes a partir das 21:30 horas. O aforo é limitado para manter as medidas de seguridade.

Todos os concertos desta edición serán de pequeño formato co obxectivo de cumprir todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias

O sábado 1 haberá actuacións en diferentes rúas e prazas xa desde a mañá. Ás 11:30 horas terá lugar un pasarrúas por parte de Batucada Os da Caña, Os de Marín e Os Chaneiros. Ás 12:30 será o turno do grupo Breaking Bones, que ofrecerá un concerto na praza 8 de marzo. Á mesma hora, o grupo bueuense Os Palleta Mollada encargarase de levar a música á rúa Méndez Núñez. Tras isto, o grupo Rever ofrecerá un concerto ás 13:00 horas no palco da Alameda Rosalía de Castro.

Pola noite, no mesmo palco da alameda, actuará o dúo Top Legends ás 21:00h. Ás 23:30 horas, o grupo Chroma tocará na rúa Serafín Tobío.

Algúns lugares como o Parque Eguren, terán limtacións de aforo

Paralelamente, no Parque Eguren, haberá ás 20:30 hroas unha homenaxe a John Balan con diferentes proxeccións e presentada por Julio Santos Pena. Neste mesmo recinto, actuará Cé Orquesta Pantasma ás 21.30 horas. Para rematar, será o turno de Ricardo Parada ás 22:30 horas.

Todos os concertos desta edición serán de pequeño formato co obxectivo de cumprir todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias. Ademais, algúns lugares como o Parque Eguren, terán limtacións de aforo.

Comentarios