As traballadoras da residencia de Cangas valoran a melloría na xestión do centro

Destacan que a intervención por parte da Xunta marcou "o inicio do fin do caos"
DomusVi Aldán (Cangas). ADP.
photo_camera A residencia de maiores de Aldán, en Cangas, xestionada polo grupo DomusVi. RAFA FARIÑA

A Plataforma Traballador@s de residencias de Galicia, Trega, valora a melloría na xestión do centro DomusVi de Cangas desde que foi intervido pola Xunta, xunto con DomusVi Barreiro (Vigo), ao dispararse o número de contagios por coronavirus –ao redor dun centenar– e rexistrar xa once falecidos.

Nun comunicado, Trega destaca que "o inicio do fin do caos" que viña denunciando neste centro en concreto, como falta de formación, de equipos de protección individual e de persoal, así como unha xestión "pouco feliz", produciuse coa intervención por parte da Xunta o 31 de marzo.

Deste xeito, Trega desmárcase de informacións publicadas en redes sociais o 4 de abril, reproducidas nalgúns medios de comunicación, nas que denunciábase que pacientes contaxiados e os que deron negativo no test compartían habitación.

Este colectivo subliña que desde a intervención e a incorporación ao mando do xestor designado pola Xunta as circunstancias dos traballadores e residentes "deron un envorco".

O primeiro que se fixo no xeriátrico de Aldán, abunda Trega, foi realizar os cambios de habitación e a separación de pacientes positivos e negativos.

Adicionalmente, iniciouse a formación dos traballadores, dobrouse o persoal en todas as súas categorías profesionais, cambiouse a carteleira que tiñan de 8 e 10 días sen librar e aplicáronse os protocolos do covid-19.

Na actualidade, engade, a separación de zonas dentro da residencia respéctase e o persoal realiza as tarefas "con total normalidade", ademais de dispor do material de protección individual que requiren as circunstancias.

Trega agradece o gran labor que están a realizar todos os profesionais da residencia, "sanitarios e non sanitarios".

Comentarios