Trasladan a unha veciña de Marín de 70 anos por inhalación de fume

O incendio orixinouse nunha tixola e foi a propia ferida quen logrou extinguilo
La calle donde tuvo lugar el suceso. DP
photo_camera La calle donde tuvo lugar el suceso. DP

Unha muller de 70 anos tivo que ser trasladada este sábado ao mediodía ao Hospital de Montecelo tras inhalar fume dun incendio que ela mesma extinguiu na súa vivenda de Ezequiel Massoni, en Marín. O lume orixinouse ao redor das 14.00 horas nunha tixola que a afectada deixara ao lume por un descoido. 

A Policia Local, que chegou primeiro ao lugar do suceso, solicitou ao 112 a presenza dos Bombeiros do Morrazo e o 061, que cando chegaron ao lugar do suceso o lume xa fora extinguido pola propia muller.

A rúa Ezequiel Massoni estivo cortada durante un intre debido debido á presenza da Policía e os bombeiros. 

Comentarios