A travesía do narcosubmarino de Aldán inspira unha serie

Daniel Calparsoro dirixirá 'Operación marea negra' para Amazon Prime
DAVID RUEDA DE PRENSA EN EL PUERTO DE ALDAN POR ALIJO DE DROGA DEL NARCOSUBMARINO, miércoles, 27 nov · 13:00–14:00
photo_camera O narcosubmarino, en Aldán. ARQUIVO

A historia do narcosubmarino incautado en Aldán en 2019, o primeiro semisomerxible transoceánico interceptado polas autoridades en augas europeas, converterase en serie: Operación marea negra. Un ano e medio despois de que fose descuberto con máis de 3.000 quilos de cocaína, nunha operación que desvelou no seu día Diario de Pontevedra, coñécense os primeiros detalles dun proxecto audiovisual que dirixirá Daniel Calparsoro

Segundo avanzou este mércores El País, a serie, para Amazon Prime, estará composta por catro episodios de 50 minutos e empezará a rodarse en breve. Será a primeira coprodución entre España e Portugal para a plataforma, e nela están implicadas Ficción Produciones, Forta, TVG e a RTP lusa.

Á espera de máis detalles sobre o proxecto, que estará acompañado de pezas documentais, transcendeu que Oskar Santos tamén dirixirá algún capítulo.

Desde que o narcosubmarino chegou a Galicia a investigación revelou que a droga que cargaba partiu máis aló da Amazonia e que a organización exportadora contratou dous ecuatorianos e un vigués para a singradura marítima. E que o cártel pecharía un acordo cunha grande organización criminal con base no Salnés, que investiu na mercancía. Está previsto que Pontevedra acolla o xuízo en 2021, con sete persoas no banco.

Comentarios