O tren do Nadal e as carpas de lecer consolídanse outro Nadal máis en Marín

A pesar do aumento de casos de covid-19 das últimas semanas, as atraccións do Nadal da localidade conseguiron atraer a miles de usuarios durante toda a tempada festiva
Las estaciones decorativas y la iluminación navideña fueron algunos de los atractivos de este año J.C.M.
photo_camera Las estaciones decorativas y la iluminación navideña fueron algunos de los atractivos de este año J.C.M.

Cunha programación adaptada ao aumento de casos na localidade, o Concello de Marín dá por concluída o seu Nadal 2021/2022 facendo un "moi bo balance" das festas. O tren do Nadal consolídase como a atracción favorita do veciños con aproximadamente 15.000 usuarios durante todo o período que estivo en marcha, pero sen deixar atrás ás carpas de lecer infantil e xuvenil, que regresaron con forza esta tempada tras un 2020 marcado pola súa cancelación.

Recuperar a ilusión perdida nos últimos anos era o obxectivo principal das festividades do Nadal deste ano, expostas de forma moi similar ás da prepandemia, antes do aumento de casos nas últimas semanas. Unha situación que obrigou, tal e como explica o Goberno local, a deseñar unha programación "coa que poder ofrecer actividades adaptadas á situación, sen esquecer a necesidade que temos tamén de dinamizar a vila nunhas datas tan relevantes coma estas ."

As carpas Engado Marín recuperaron o éxito da súa última edición en 2019. Abertas durante un total de 22 días, o espazo do Eguren, pensado para mozos a partir de 11 anos, rexistrou unha afluencia de aproximadamente 6.600 persoas, mentres que a da Alameda, cun servizo de ludoteca con monitores para os máis pequenos, acolleu a preto de 8.800 nenas e nenos.

A diferenza da súa última edición, esta última carpa sufriu as consecuencias da situación sanitaria, que obrigou a repartir o aforamento en diferentes quendas día a día, cun tempo de xogo e un número limitado de persoas dentro do espazo.

FEIRA DE ARTESANÍA. Unha das grandes novidades deste ano presentouse na Alameda en forma de casetas de madeira, que acolleron durante todas as festas a Feira de Artesanía Nadal, clausurada oficialmente a semana pasada. Os artesáns participantes valoraron estes novos espazos como "unha oportunidade" para superar os efectos da pandemia no último ano e unha mellora con respecto ás carpas doutros anos.

O tren do Nadal, a atracción favorita dos marinenses
O regreso do Tren de Nadal esta tempada confirmou a súa aceptación entre os veciños tras a súa cancelación o pasado 2020. Consolidada como unha das atraccións favoritas e máis esperadas, atraeu aproximadamente a 15.000 persoas durante o seu tempo en uso, durante as fins de semana do pasado mes e desde o 21 de decembro ao 4 de xaneiro. A media de usuarios roldou as 500 persoas, que gozaron dos 14 viaxes diarias que ofreceu o tren con 50 viaxeiros de todas as idades a bordo. Ademais, contou tamén cun servizo especial para os colexios da localidade.

ILUMINACIÓN. Outro dos grandes atractivos deste ano foi a decoración, cunha boa acollida de novidades como o paraugas da Praza de España ou as luces da Alameda

Comentarios