miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Os vándalos volven esnaquizar un parque infantil

Os danos causados no valo do parque infantil. B.N.
Os danos causados no valo do parque infantil. B.N.
A instalación do paseo Alcalde Branco sufriu outros dous ataques â?? A multa para os autores podería ascender aos 3.000 euros

O parque infantil do paseo Alcalde Branco foi obxecto dun novo episodio de vandalismo urbano. O valo do recinto, de madeira, foi completamente esnaquizado durante a noite do domingo por terceira vez en menos de ano e medio. Así, os vándalos arrincaron o valo do seu sitio e romperon as láminas de madeira do peche, provocando danos irreparables que obrigarán ao Concello a adquirir un novo valado.

A multa por cometer este tipo de infracción, oscila entre os 1.500 e os 3.000 euros, segundo a ordenanza municipal de Medio, que a considera un delito grave.

O primeiro caso produciuse o verán pasado, cando unha parte deste mesmo peche apareceu rota tras unha noite de actos vandálicos que causaron danos tamén nunha das palmeiras do paseo. Tan só uns días despois, recentemente reparada, o valo volveu ser destruído durante a noite, o que provocou unha nova actuación do Concello.

Aínda que estes actos vandálicos son tratados como casos illados, cabe recordar que hai tan só dous meses a Policía Nacional logrou identificar a un grafitero que, baixo o pseudónimo de sick provocou danos en diversas paredes, paneis informativos e mobiliario urbano. Unhas accións que o Concello de Marín penaliza con multas de ata 750 euros, recordaron fontes policiais.

Os vándalos volven esnaquizar un parque infantil
Comentarios