Vellez Digna marcha en Cangas en solidariedade polos falecidos nas residencias

Unha multitude de xente partiu este xoves do Concello de Cangas para demandar xustiza para os falecidos por mor da covid-19 nas residencias de anciáns.

A asociación Vellez Digna, que leva semanas concéntrandose ás portas da residencia DomusVi de Aldán para denunciar a falta de recursos do centro, foi unha das participantes. Tamén acudiron ao evento, que tivo lugar a partir das 20.00 horas, o Movemento en Defensa das Pensións Públicas, Modepen, e as Traballadoras de Residencias de Galicia, Trega.

Os colectivos demandan unha investigación e uns servizos sociais 100 % públicos.

Comentarios