Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

A vila marinense réndese á súa patroa con gran devoción

Procesión da Virxe do Porto. RAFA FARIÑA
Procesión da Virxe do Porto. RAFA FARIÑA

A misa cantada e a procesión da Virxe do Porto foron os pratos fortes dunha xornada que pechou a música de Roi Casal

O día acompañaba. Ceo totalmente despexado, temperatura agradable... Todo estaba disposto para que os marinenses puidesen honrar á súa patroa con todas as honras. A Virxe do Porto volveu ser a protagonista do mes de setembro e os oficios relixiosos dedicados á súa figura ocuparon parte da segunda xornada das festividades patronais, que hoxe chegan ao seu fin.

A xornada deu comezo coa misa cantada a cargo da Coral Lembranzas, que se iniciou pasadas as 12.00 horas. Ao seu remate, a imaxe da Virxe saíu do templo para ir en procesión por cálelas Concepción Areal, Jaime Janer, Rúa do Sol e Rúa Real, acompañada de decenas de fieis e de representantes da Corporación municipal, como a alcaldesa, María Ramallo, os edís Manuel Santos, Marián Sanmartín, Cristina Acuña e Beatriz Rodríguez, ou a portavoz do PSOE, Luz Santiago. A banda da Escola Naval Militar acompañou á comitiva durante o seu percorrido.

Pola tarde, algunhas das formacións participantes no VII Memorial Antonio Branco desfilaron polo centro da localidade e celebrouse o Festival Infantil de Baile, coas asociacións Foula, Trompos ós pés e Os Chaneiros. O broche de ouro púxoo Roi Casal, que encheu a Alameda co seu espectáculo musical 'Son galego, son cubano'.

A vila marinense réndese á súa patroa con gran devoción
Comentarios