Xulián Álvarez: "O origami pode ser todo o complicado que ti queiras"

As salas de exposición do Museo Manuel torres chean as súas paredes de papel coas obras dos artistas de papiroflexia 'Candepapel' e 'Kosmosystem', que ademais afrecerán hoxe un taller para nenos
O artista 'Candepapel' xunto a unha das súas pezas. CEDIDA
photo_camera O artista 'Candepapel' xunto a unha das súas pezas. CEDIDA

O papel converteuse no protagonista do Museo Manuel Torres esta semana. A exposición de papiroflexia que alberga durante estos días acerca aos marinenses a un arte descoñecido por moitos. Xulio Álvarez, ou Candepapel no seu nome artístico, adícase a tempo completo ao que considera que lle ven de neno: o amor por este material tan pouco coñecido. 

Por que a papiroflexia? Como comezou neste arte? 

A verdade é que me ven dende pequeno porque no colexio, cando estabas aburrido, pois soias facer unha paxariña, un barquiño... Cando me deu por explorar máis foi cando vin Blade Runner, a antiga. Hai unha personaxe, un detective bastante misterioso, que vai deixando pequenas figuriñas de origami. Foi cando empecei a investigar e vin que había máis mundo ademais da paxarita e o barquiño. Sempre lle tiven moito aprecio ao papel e fai case dez anos que din un salto ao vacío e adiqueime a isto a tempo completo. 

Hai algunha diferenza entre origami e papiroflexia? 

Si, o origami é papiroflexia, pero non toda a papiroflexia é origami. Os xaponeses, que foron os que inventaron este arte, son un pouco estritos e para que sexa origami tes que conseguir unha figura a partir dunha peza de papel cadrada ou rectangular e nada máis. Non podes usar pegamento, non a podes pintar despois... Simplemente é o papel e as túas mans. Na papiroflexia podes usar celo, tesoiras, coloreala despois... 

En que se inspira nas súas creacións? 

Agora mesmo no que estou máis enfocado é nos cadros. Son retratos persoalizados de xente, mascotas ou paisaxes, dependendo de quen o encargue. Aí a inspiración digamos que é algo que me piden, son un traballador. Cando fago cousas máis artísticas a verdade é que non o sei realmente. A natureza e as paisaxes sobre todo. Aínda que no origami eu non son un creador, son tan só un intérprete. Hai alguén que sabe moítisimo, que inventa un diagrama e eu como intérprete traballo  como o faría un músico: collo esa partitura e realizo a peza que inventou o compositor. Os grandes mestres (que están noutra liga) crean pezas propias, pero a min chégame con ser intérprete. 

Considérase un arte complicado?

Pode ser todo o complicado que ti queiras. Como hobbie é interminable. É como un lápiz e un papel, podes facer dende unha raia ata un retrato hiperrealista. Co origami pasa o mesmo. Podes facer un barquiño súper simple que son cinco pasos, como podes facer un dragón con 5.000 escamas que son 1.200 pasos e unha semana longa de traballo. Nunca vas chegar ao tope, nunca vas dicir ‘bueno, xa fixen todo, esto me aburre porque non da máis de sí’. No origami sempre podes buscar algo máis difícil. No meu caso máis que en complexidade o que intento facer e máis pequeno todavía. Coller un papel diminuto e facer un barquiño de un milímetro. 

Cómo é o proceso de creación que segue? 

Eso xa é un mundo aparte que nos levaría outras tres entrevistas (risas). O primeiro: non hai unha gran cultura de origami. Aínda que hoxe en día online podes conseguir prácticamente todo, antigamente non era así. Chegamos incluso a ter que fabricar os nosos propios papeis. Cando queres facer unha peza con moitos pliegues por exemplo, tes que ter un papel moi fino, pero resistente, ten que ter unhas características específicas. Como non o había no mercado, tiñamos que fabricalo nós con papel de seda, de aluminio... Era bastante laborioso. E claro, o papel é fundamental, de facelo nun papel a facelo noutro, pois pode parecer 40 veces máis bonito ou máis difícil. Se queres facer por exemplo un rinoceronte e tes un papel que simula a pel do animal... Sempre vai resultar máis realista. 

Hai un papel específico para cada peza? 

Cando son pezas que quero conservar ou son encargos, sí que busco papeis que vaian acorde co que me pide o cliente ou o que lle pegue mellor á peza. Pero, por exemplo, para talleres hai papeis moi económicos e moi bonitos con resultados moi bos. O dos papeis é un mundo. 

Que tipo de diseños lle resultan máis complicados? 

Ao principio, cando empezas é como que tes que demostrar todo o que podes facer e buscas deseños moi complexos. O máis difícil para min son os insectos realistas. Pero agora, que estou nun punto no que non teño nada que demostrar, o que me gustan son as pezas sinxelas que, sobre todo, son fáciles de ensinar. 

Que busca á hora de ensinar? 

Gústame ensinar e que a xente vexa que non é inaccesible. Se empezas algo moi complicado que frustre á persoa igual non vai continuar polo camiño. Sen embargo, si ensinas algo moi bonito, sencillo e resultón, o alumno queda contento e  con ganas ganas de máis. Eu sempre levo no peto papeis de dez por dez de blocks de notas, moi baratos, e vou deixando por aí peciñas, cousas moi simples. Os nenos quedan moi contentos cando lles das unha. 

Cre que é descoñecido o arte da papiroflexia en España? 

Cada vez menos, aínda que non está moi extendido. Se falas de papiroflexia igual si, pero co origami hai xente que non sabe de que lle estás falando. Como anécdota direiche que temos en Zaragoza o segundo museo máis importante de origami do mundo. Esto foi grazas a Miguel de Unamuno, que era moi aficionado ao origami e quedou a tradición alí. 

Ocurre o mesmo a nivel mundial? 

O origami a nivel mundial está extendídismo dende os anos 70 que se creou unha lenguaxe universal para que todo o mundo o entendera, porque antes era máis unha tradición oral e cada un explicaba os pliegues ao seu xeito. Os patróns do origami agora son como as notas musicais, todos as entendemos. 

Qué é o que máis lle preguntan nas exposicións?

 Resúltame curioso que me preguntan moito: ‘canto tardas’ (risas) e a min non me parece o máis relevante. Non sei se deberían preguntarme algo sequera. O importante é se che gusta ou non. As miñas pezas non teñen un significado oculto que haxa que interpretar. Se trata de disfrutalas.  

Qué pode esperar a xente que visite a exposición no Manuel Torres? 

Espero ese efecto wow tanto coas miñas pezas como coas do meu compañeiro. Ademáis de polo estéticamente bonitas, polo diferentes que poidan resultar. 

Comentarios